Visita ás instalacións
Abrimos as nosas portas para que poidas coñecer de primeira man a actividade que realizamos e visitar as nosas instalacións.
Requisitos
Antes de solicitar a visita, ten en conta:
- Os visitantes só poderán acceder ás instalacións acompañados polo noso persoal, que os acompañará en todo momento e se responsabilizará de seguir os criterios de seguridade.
- Reganosa queda expresamente relevada de toda responsabilidade derivada de calquera incidente ou accidente que puidesen sufrir os visitantes durante a súa permanencia dentro do recinto industrial da nosa propiedade.
- O visitante deberá cumprir as normas de seguridade establecidas e as indicacións que reciba da persoa ou persoas encargadas de atender a visita. Non poderá separarse do grupo en ningún momento.
- Os visitantes deberán identificarse á chegada ao posto de control. Unha vez confirmada a aceptación da visita polo noso persoal, asinarán a autorización de entrada. Os visitantes recibirán os equipos de protección individual (EPI) necesarios en cada caso.
A túa opinión fainos ser mellores
Se xa visitaches as nosas instalacións, convidámoste a que compartas connosco as túas impresións para axudarnos a mellorar.