De todos os buques metaneiros que compoñen a frota mundial, podemos recibir aqueles con capacidades desde 15.600 m³ até 266.000 m³ (Q-Max). A continuación detallamos os barcos cuxa compatibilidade coas nosas instalacións foi avaliada:
Para un buque que non se atope nesta lista o noso equipo técnico conta con procedementos claramente definidos para realizar os estudos necesarios e asegurar a súa compatibilidade. Atendemos as solicitudes que nos realizan con axilidade, garantindo unha rigorosa análise no menor prazo posible.
Desde o ano 2013 mantemos un programa periódico de auditorías baixo os estándares máis esixentes de interface buque-terra, como o Marine Terminal Management and Self Assessment (MTMSA), realizadas por prestixiosas compañías, seguindo os criterios da Oil Compagnies International Marine Forum (OCIMF).
LISTADO DE BUQUES COMPATIBLES
Plan de interfase buque/terminal e compatibilidade
Contacto para máis información