Laboratorio
Sistema de Calidade
O laboratorio de Reganosa está acreditado conforme a norma UNE-EN ISO/IEC 17025:2017. Dita acreditación (número 1179/LE2273) foi concedida por ENAC (Entidade Nacional de Acreditación) e o seu alcance pódese consulta no sitio web de ENAC. A acreditación de Reganosa supón o recoñecemento á competencia técnica para a realización de Ensaios no Sector Industrial. Isto leva implícito o recoñecemento por clientes da validez dos resultados do laboratorio, facilita o intercambio de información fiable e contribúe a harmonizar procedementos. É un paso máis na busca da excelencia na medición da enerxía que os nosos clientes nos confían.
SERVIZO DE ANALISE DE CALIDADE DO GN/GNL
O noso laboratorio presta servizos de análises de compostos de GNL e gas natural e compostos de xofre, tanto aos usuarios das nosas instalacións como a empresas e entidades externas. Para iso contamos cun equipamento perfectamente calibrado e verificado.
Complementariamente ás actividades analíticas, o noso laboratorio presta un servizo de asesoramento integral.
O laboratorio de Reganosa dispón dunha sistemática para o tratamento das queixas recibidas no seu manual de calidade. A descrición do proceso para recibir e tratar as queixas do laboratorio estará dispoñible cando así o solicite calquera parte interesada.
Calidade do gas
As especificacións de calidade do gas introducido no Sistema Gasista establécense no Protocolo de Detalle 01 de “Medición, Calidade e Odorización de gas”.
As capacidades exprésanse baixo as condicións de referencia [PCS a 0ºC; V (0ºC, 1,01325 bar)].
Na seguinte táboa achéganse as especificacións de calidade establecidas no protocolo de detalle que todo gas introducido nos puntos de entrada do Sistema Gasista debe cumprir.
| Propiedade | Unidade | Mínimo | Máximo |
|---|---|---|---|
| Índice de Wobbe | KWh/m3 | 13,403 | 16,058 |
| PCS | kWh/m3 | 10,26 | 13,26 |
| Densidade Relativa | m3/m3 | 0,555 | 0,700 |
| S Total | mg/m3 | – | 50 |
| H2S + COS (como S) | mg/m3 | – | 15 |
| RSH (como S) | mg/m3 | – | 17 |
| O2 | mol% | – | 0,01 |
| CO2 | mol% | – | 2.5 |
| H2O (punto de orballo) | ºC a 70 bar (a) | – | +2 |
| HC (punto de orballo) | ºC a 1-70 bar (a) | – | +5 |
| Po/ partículas | – | Técnicamente puro | Técnicamente puro |
Ademais das características anteriores, os gases procedentes de fontes non convencionais, tales como biogás, o gas obtido a partir de biomasa ou outro tipo de gas producido mediante procesos de dixestión microbiana, deberán cumprir coas especificacións de calidade da seguinte táboa.
| Propiedade | Unidade | Mínimo | Máximo |
|---|---|---|---|
| Metano (CH4) | mol % | 90 | – |
| CO | mol % | – | 2 |
| H2 | mol % | – | 5 |
| Compostos haloxenados: Flúor/ Cloro | mg/m3 | – | 10/1 |
| Amoníaco | mg/m3 | – | 3 |
| Mercurio | mg/m3 | – | 1 |
| Siloxanos | mg/m3 | – | 10 |
| Benceno, Tolueno, Xileno (BTX) | mg/m3 | – | 500 |
| Microorganismos | – | Técnicamente puro | Técnicamente puro |
| Po/ partículas | – | Técnicamente puro | Técnicamente puro |
No caso do biogás, aceptarase a inxección de biogás na rede cun contido de O2 ata o 0,3 mol % sempre que concorran simultaneamente as seguintes circunstancias no punto de inxección:
- O contido en CO2 non deberá superar en ningún momento o 2 mol %.
- O punto de orballo de auga non deberá superar en ningún momento os menos oito grados centígrados (– 8 ºC).
- O volume de inxección de biogás na rede de transporte troncal nunca excederá de 5.000 m3/h (en condicións de referencia). Para volumes maiores e en todo caso para o resto de puntos de entrada ao sistema gasista, o volume máximo de inxección de biogás determinarase para cada caso concreto en función da calidade e o volume do gas vehiculado da rede á que se conecte, polo titular desta e comunicaráselle á Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas, ao Xestor Técnico do Sistema e á Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia.